1) CRÁTILO (filósofo grego ateniense de finais do s. V antes de Cristo):
-
Contemporáneo de Sócrates e seguidor
de Heráclito (VI-V a. C.). Mestre de Platón antes que este coñecese a
Sócrates.
-
As teses de Crátilo convenceron a Platón
de que o coñecemento non podía basearse soamente nas sensacións.
-
Segundo Aristóteles IV a. C.), Crátilo afirmaba que, posto que todo está
en perpetuo devir e nada hai permanente, as sensacións varían
continuamente e tamén varían dun individuo a outro, polo que non é
posible establecer nunca a verdade, xa que o obxecto do discurso
deveu outro.
-
O mundo tal como concíbeo Crátilo é o
mundo do devir, no que todo flúe (panta rhei) con tal
rapidez que resulta imposible captar de maneira estable a esencia
das cousas. Nada é estable, todo flúe incesantemente nun fluxo
que nunca pode deterse en formas fixas.
-
A consecuencia paradoxal é a
imposibilidade de nomear as cousas, xa que no momento en que as
nomeo xa se converteron noutra cousa. Cando vexo a unha
persoa e chámoa polo seu nome, en realidade estou a chamar a algo
que xa non está alí. Ante a imposibilidade de nomear as cousas, é necesario
limitarse a sinalalas co dedo.
-
Non é posible bañarse nas mesmas augas
dun río nin unha soa vez, tanto é o devir ao que está suxeito. De
aquí séguese a tese cratileana da incognoscibilidade do real: na
medida en que nunca é fixo, senón que sempre flúe nun curso
ininterrompido, a realidade nunca pode ser captada -e por tanto
coñecida- polo pensamento. Crátilo non só é
o filósofo do devir, senón tamén o filósofo da
incognoscibilidade da realidade.
(Fontes: Enciclopaedia Herder, e Filosofico.net Cratilo
Filosofico, ambas na rede).
GORXIAS (filósofo sofista grego, ss. V-IV antes de Cristo):
- Ver enlace aquí, por favor, pero lemos só os páragrafos I e II, e as seis primiras liñas do parágrafo III, e nada máis.