Este blog é soamente para acceder a material didáctico das distintas asignaturas deste Departamento de Filosofía: temas, textos, actividades, enlaces, etc.

jueves, 20 de mayo de 2021

Filosofía 4º ESO, Tema 2: Crátilo e Gorxias:

 

   1) CRÁTILO (filósofo grego ateniense de finais do s. V antes de Cristo):

  • Contemporáneo de Sócrates e seguidor de Heráclito (VI-V a. C.). Mestre de Platón antes que este coñecese a Sócrates.

  • As teses de Crátilo convenceron a Platón de que o coñecemento non podía basearse soamente nas sensacións.

  • Segundo Aristóteles IV a. C.), Crátilo afirmaba que, posto que todo está en perpetuo devir e nada hai permanente, as sensacións varían continuamente e tamén varían dun individuo a outro, polo que non é posible establecer nunca a verdade, xa que o obxecto do discurso deveu outro.

  • O mundo tal como concíbeo Crátilo é o mundo do devir, no que todo flúe (panta rhei) con tal rapidez que resulta imposible captar de maneira estable a esencia das cousas. Nada é estable, todo flúe incesantemente nun fluxo que nunca pode deterse en formas fixas.

  • A consecuencia paradoxal é a imposibilidade de nomear as cousas, xa que no momento en que as nomeo xa se converteron noutra cousa. Cando vexo a unha persoa e chámoa polo seu nome, en realidade estou a chamar a algo que xa non está alí. Ante a imposibilidade de nomear as cousas, é necesario limitarse a sinalalas co dedo.

  • Non é posible bañarse nas mesmas augas dun río nin unha soa vez, tanto é o devir ao que está suxeito. De aquí séguese a tese cratileana da incognoscibilidade do real: na medida en que nunca é fixo, senón que sempre flúe nun curso ininterrompido, a realidade nunca pode ser captada -e por tanto coñecida- polo pensamento. Crátilo non só é o filósofo do devir, senón tamén o filósofo da incognoscibilidade da realidade.


    (Fontes: Enciclopaedia Herder, e Filosofico.net Cratilo Filosofico, ambas na rede).

 

 

 

   GORXIAS (filósofo sofista grego, ss. V-IV antes de Cristo):

  •   Ver enlace aquí, por favor, pero lemos só os páragrafos I e II, e as seis primiras liñas do parágrafo III, e nada máis.



jueves, 13 de mayo de 2021