- 1. Poema anónimo do pobo africano dinka de Sudán do Sur. PINCHAMOS AQUÍ.
- 2. Poema de Leopoldo María Panero: "Canción para una discoteca". PINCHAMOS AQUÍ.
- 3. Poema de Jim Morrison: "Riders on the storm" (en inglés, pero sen dificultade. Lemos todo o poema, mais quedamos despois soamente coa primeira estrofa nada máis). PINCHAMOS AQUÍ.
- 4. Poema de Jorge Luis Borges, "Límites". PINCHAMOS AQUÍ.
- 5. Poema de Luis de Góngora, "La más bella niña". PINCHAMOS AQUÍ.
QUE HAI QUE FACER?:
- Ler os cinco, con atención e algo de tempo. Se hai que reler (é o normal) , fágase, obviamente.
- Tomar notas de cada un deles: de que fala, que quere dicir.
- Finalmente e sobre todo, hai semellanza/s entre todos eles? En que consiste/n?
EXTENSIÓN: a que necesites para expresarte con claridade e de xeito completo. Non basta pois con escribir unha cousa improvisada de calquera maneira.